miércoles, 17 de octubre de 2012


CANTO DE ANDAR (CAMIÑOS DA FIN DA TERRA)

Amence paseniño nas terras do solpor
as brétemas esváense coas raiolas do sol.

Meu amor, meu amor, imos cara o mar maior;
miña amada, meu ben, imos polas terras do alén.

Acariña o silencio e escoita o corazón
que moitos dos teus soños latexan ao seu son.

Meu amor, meu amor, imos cara o mar maior;
miña amada, meu ben, imos polas terras do alén.

È tempo de camiño andar e de non esquecer
que o futuro que ha de vir é o que has de facer.

Meu amor, meu amor, imos cara o mar maior;
miña amada, meu ben, imos polas terras do alén.

E o sol vai silandeiro deitándose no mare
facéndonos pequenos con tanta inmensidade.

Meu amor, meu amor, imos cara o mar maior;
miña amada, meu ben, imos polas teras do alén.



No hay comentarios:

Publicar un comentario